20/4/24
17/4/24
ENTREVISTA A UNHA AMANTE DO DEPORTE
Deixámosvos coa entrevista que Ángela e Berta lle fixeron a Sara, coa axuda de Rafa e Lucas como técnicos da nosa radio Lorolareto.
Parabéns a esta rapazada, que cada día mellora máis na elaboración e xestión dos programas de radio e en especial das entrevistas.
12/4/24
APRENDENDO DE PAXAROS
O día 5 de abril tivemos un invitado moi especial, o meu avó Ángel, que é un gran afeccionado aos paxaros.
Ensinounos cousas moi curiosas sobre estas aves, que el mismo cría.
Dende a nosa escola de Andrade, o alumnado de cuarto e quinto de primaria, dámosche as grazas por compartir o teu tempo e a túa sabedoría sobre un tema tan interesante.
Foi todo un pracer e unha aprendizaxe!!!
Agora deixámosvos coa entrevista que lle fixo Lucas e André a este sabio avó sobre ornitoloxía.
10/4/24
8/3/24
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER- 8M
Bo día rapazada!!!
En primicia dende a nosa radio para este DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, temos o pracer de presentarvos a entrevista a Nanda, unha muller traballadora no rural e na soberanía alimentaría e sobre todo Enraizada na nosa contorna.
Esta entrevista é moi especial, pois nos ensina a coidar o noso planeta e por riba Vacalouras, é unha tenda enraizada coa soberanía alimentaria que ten moitos produtos de proximidade.
E agora deixámosvos con esta entrevista tan especial.Esperamos que vos guste tanto, como nós disfrutamos facéndoa!!!
Parabéns a Ainhoa e Lara, as locutoras desta entrevista e non esquecer a labor de Gabi e Xoán como técnicos.
Foi un verdadeiro pracer, terte de invitada connosco na nosa radio escolar, Nanda!!!
5/3/24
ENRAIZÁNDONOS CON NANDA
Hoxe, tivemos connosco na nosa radio Lorolareto, a unha muller enraizada coa terra e loitadora por un mundo sostible,
Algunha da rapazada de 4º e 5º realizoulle unha entrevista para visualizar a importancia de mulleres como Nanda, que loiten polo que soñan e dean un paso máis pola igualdade e sostibilidade.
Abofé que a rapazada, aprendeu moito desta muller loitadora e emprendedora!!!
GRACIÑAS NANDA!
por compartir ese tempo da túa vida coa nosa comunidade educativa, en especial coa nosa rapazada, que estivo encantada de poder terte na nosa radio.
P.D.: Nestes días subiremos o podcast desta entrevista, para que gocedes todos e todas dela.
1/3/24
VISITA DE PACO NOGUEIRAS
Este luns 4 de marzo, teremos connosco a Paco Nogueiras, para mostrarnos as súas dotes artísticas e compartilas coa rapazada de Infantil, 1º e 2º de Primaria.
Será todo un pracer!!!
Deixámosvos coa carta que nos enviou Paco Nogueiras!
Estupenda xornada a que a rapazada máis pequecha gozou este luns na nosa biblioteca.
23/2/24
DÍA DE ROSALÍA- 23 DE FEBREIRO
Co motivo da celebración do 187 aniversario do nacemento, dunha das figuras culturais literarias galegas máis importante, hoxe no noso centro educativo homenaxeamos a Rosalía de Castro, facendo un mural quebracabezas, onde cada curso tiña que decorar a súa parte e logo unilo todo, para finalmente gozar dese magnífico traballo.
Resultou unha labor en equipo estupenda!
PARABÉNS A TODOS E A TODAS!
A rapazada de 4º e 5º de primaria, crearon unha poesía como agasallo a Rosalía, que grabaron na nosa radio Lorolareto, e logo editaron.
Quedoulles fantástica!!!
O NOSO PATRIMONIO
Xa que estamos indagando no noso patrimonio , tivemos unha charla moi interesante, para seguir aprendendo un montón de información nova sobre este tema.
Aprendimos moito!!!
Moitas grazas Silvia, pola túa sabedoría!
20/2/24
FORMACIÓN SOGAMA
A rapazada está a aprender moito sobre a reciclaxe , polo que despois dos recreos sempre fan a recollida de papel e cartón, envases e materia orgánica das nosas merendas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)