12/4/24

APRENDENDO DE PAXAROS



O día 5 de abril tivemos un invitado moi especial, o meu avó Ángel, que é un gran afeccionado aos paxaros.

Ensinounos cousas moi curiosas sobre estas aves, que el mismo cría.

Dende a nosa escola de Andrade, o alumnado de cuarto e quinto de primaria, dámosche as grazas por compartir o teu tempo e a túa sabedoría sobre un tema tan interesante.

Foi todo un pracer e unha aprendizaxe!!!

Agora deixámosvos coa entrevista que lle fixo Lucas e André a este sabio avó sobre ornitoloxía.

8/3/24

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER- 8M

 Bo día rapazada!!!

En primicia dende a nosa radio para este DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, temos o pracer de presentarvos a entrevista a Nanda, unha muller traballadora no rural e na soberanía alimentaría e  sobre todo Enraizada na nosa contorna.
Esta entrevista é moi especial, pois nos ensina a coidar o noso planeta e por riba Vacalouras, é unha tenda enraizada coa soberanía alimentaria que  ten moitos produtos de proximidade.
E agora deixámosvos con esta entrevista tan especial.Esperamos que vos guste tanto, como nós disfrutamos facéndoa!!!
Parabéns a Ainhoa e Lara, as locutoras desta entrevista e non esquecer a labor de Gabi e Xoán como técnicos. 
Foi un verdadeiro pracer, terte  de invitada connosco na nosa radio escolar, Nanda!!!


MÚSICA: Miriam Rodríguez- Hay algo en mi

5/3/24

ENRAIZÁNDONOS CON NANDA

Hoxe, tivemos connosco na nosa radio Lorolareto, a unha muller enraizada coa terra e loitadora por un mundo sostible, 
 Algunha da rapazada de 4º e 5º realizoulle unha entrevista para visualizar a importancia de mulleres como Nanda, que loiten polo que soñan e dean un paso máis pola igualdade e sostibilidade.



Abofé que a rapazada, aprendeu moito desta muller loitadora e emprendedora!!!

GRACIÑAS NANDA!

 por compartir ese tempo da túa vida coa nosa comunidade educativa, en especial coa nosa rapazada, que estivo encantada de poder terte na nosa radio.
P.D.: Nestes días subiremos o podcast desta entrevista, para que gocedes todos e todas dela.

                                                                     

1/3/24

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

 Este luns 4 de marzo, teremos connosco a Paco Nogueiras, para mostrarnos as súas dotes artísticas e compartilas coa rapazada de Infantil, 1º e 2º de Primaria.

Será todo un pracer!!!


Deixámosvos coa carta que nos enviou Paco Nogueiras!



Estupenda xornada a que a rapazada máis pequecha gozou este luns na nosa biblioteca.
Foi fantástica!!!

23/2/24

DÍA DE ROSALÍA- 23 DE FEBREIRO

 Co motivo da celebración  do 187 aniversario do nacemento, dunha das figuras culturais literarias galegas máis importante, hoxe no noso centro educativo homenaxeamos  a Rosalía de Castro, facendo un mural quebracabezas, onde cada curso tiña que decorar a súa parte e logo unilo todo, para finalmente gozar dese magnífico traballo.

Resultou unha labor en equipo estupenda!

PARABÉNS A TODOS E A TODAS!

A rapazada de 4º e 5º de primaria, crearon unha poesía como agasallo a Rosalía, que grabaron na nosa radio Lorolareto, e logo editaron.
Quedoulles fantástica!!!




O NOSO PATRIMONIO

 Xa que estamos indagando no noso patrimonio , tivemos unha charla moi interesante, para seguir aprendendo un montón de información nova sobre este tema.

Aprendimos moito!!!

Moitas grazas Silvia, pola túa sabedoría!



20/2/24

FORMACIÓN SOGAMA

 



A rapazada está a aprender moito sobre a reciclaxe , polo que despois dos recreos sempre fan a recollida de papel e cartón, envases e materia orgánica das nosas merendas.




ENTROIDO 2024

ENTROIDO OLÍMPICO
 Neste entroido 2024, a rapazada do noso centro, celebrou esta festa, que tanto fascina ao alumnado, cun desfile olímpico, onde cada aula puxo imaxinación para representar co seu disfrace, ao deporte olímpico escollido , dentro do  Proxecto de centro: Os xogos Olímpicos.

Abofé que foi un día espectacular!

Logo do desfile e os diferentes espectáculos no noso salón de actos, tivemos merendas típicas desta festa xunto coas familias.



Deixámosvos cun vídeo onde podedes gozar do desfile e das actuacións deste entroido 2024!

A rapazada de 2º de primaria, estivo a facer un libriño dos diferentes entroidos de Galicia, quedoulles impresionante.



8/2/24

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2024 - UN SÉCULO INFORMANDO, ENTRETENDO E EDUCANDO


Este luns 5 de febreiro , tivemos un obradoiro de radio coa asociación Ponte nas Ondas. 

Estiveron no obradoiro a rapazada de 4º e 5º de Primaria e logo pola tarde, os mestres e mestras tiveron formación .

Agradecer a Damián, a súa colaboración connosco, pois sempre nos sorprende co seu ben facer.

Xa que este ano a UNESCO propuxo como lema :

 UN SÉCULO INFORMANDO, ENTRETENDO E EDUCANDO.


Pareceunos que estaría estupendo celebrar o Día Mundial da Radio cun obradoiro , para continuar educando, entretendo e informando, e así fixemos. Por enriba, tivemos a oportunidade de elaborar e facer unha entrevista a Xerardo Feijoo, fundador, coordinador , etc,..., da Asociación Ponte nas Ondas, onde o seu papel máis esencial foi ser un mestre incansable e vocacional, onde as súas gañas de ensinar e compartir , levárono xunto con outros compañeiros/as a fundar esta Asociación de PNO, para dar difusión e transmisión do Patrimonio común entre galegos e portugueses.

Grazas Xerardo , por compartir a túa sabedoría e o teu tempo , aínda despois de estar xubilado!




Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails